O ano XXIV do Esquecemento será de record

O ano XXIV do Esquecemento será de record

Apenas quedan 24 horas para que de comezo O Esquecemento.

Este ano na súa edición 24 espéranse novidades.

O venres as 6 da tarde procederase a apertura do mercado de artesanía e xogos infantís, un chisco mais tarde, as 19:00 h inaugurarase o campamento. Onte a tarde os participantes estaban ultimando detalles no campamento.

Collage 2024 08 22 12 08 19

No desfile dese mesmo día, as 23:30 h, as tropas romanas e castrexas, ataviados coas súas mellores galas, sairán polas rúas de Xinzo iluminados por fachóns ata chegar a praza Carlos Casares onde terá lugar o Prendido do Lume Sagrado.

O sábado, as 12:30 h volven a desfilar as Forzas de Choque Extraordinarii de Cartaxena, que levaban dende o 2019 sen vir, este ano cun motivo moi especial. Homenaxear a Merce Barba, integrante da A.C. Civitas Limicorum da cal foi presidenta e tamén integrante da lexión cartaxinesa.

WhatsApp Image 2024 08 22 at 11.33.34

O mesmo día pola tarde, as 19:00 h, terán lugar por primeira vez os Grandes Xogos Olímpicos, onde romanos e castrexos se enfrontaran para ver quen é o mellor. As 21:00 h, volven como cada ano, as vodas romanas. Xa entrada a noite, a 1:00 h, terá lugar o concerto de Astarot, un grupo de rock galego que celebra o seu corenta aniversario. 

O domingo, pola maña, as 13:30 h terá lugar a homenaxe a Merce Barba e de tarde as 17:30 h, o momento mais esperado, o Cruce do Río Lethes e a Gran Loita Final, para xa rematar as 23:45 h co Apagado do Lume Sagrado, que dará por finalizado outro ano mais do Esquecemento.





Viernes