Apenas quedan 24 horas para que de comezo O Esquecemento.
Recreadores de Galicia, Legio IIII Macedónica e Antiqvi Mores serán as asociacións encargadas de transportarnos ao período romano da man duns 45 participantes. Dende mañá será posible atopar estes peculiares moradores no recinto e exterior do xacemento.As actividades comezan o sábado pola mañá cunha visita/vida no campamento, sábado tarde realizarase a instrución e o domingo pola mañá vida no campamento e instrución.
O recinto arqueolóxico permitiu identificar unha fortificación que data da Idade do Bronce e un dos primeiros asentamentos romanos temporais.