3 X 3 Mini en colaboración co comercio de Prolimia
Levarase a cabo o venres que ven como unha actividade máis dentro da feira do comercio de PROLIMIA
Na terceira edición do torneo 3 x 3 mini xa se superan ós equipos participantes na anterior, aínda que ata mañá non se pecha a inscripción.
Esta mañá, as responsables da feira de PROLIMIA, xunto coa concelleira de deportes e o responsable da organización que leva o club A.B. Xinzo quixeron facer a presntación oficial do torneo 2024.
DUAS CATEGORIAS
No torneo haberá duas categorías, Sub 9 e 11. Os equipos serán masculinos, femininos e mixtos e a organización ten previsto que todos os equipos xoguen o maior número de partidos, posto que o importante e primordial deste torneo e a participación.
Todos os participantes terán agasallos por parte do concello e de Prolimia, agasallos que serán entregados no stand de Prolimia na feira o vindeiro sábado.