O pediatra Carlos González, non defraudou ás expectativas, na súa primeira charla

Carlos González, na intervención de onte
O pediatra Carlos González, non defraudou ás expectativas, na súa primeira charla

Para a de hoxe, xa non hai entradas

Na primeira xornada da feira EXPOFAMILIA en Xinzo, o "prato" forte da mesma era a intervención do pediatra Carlos González, a cal non decepcionou para nada ao moito público asistente a mesma. Carlos foi desgregando na súa intervención o que el opina sobre o que el entende que hai que facer cos bebes e rapaces pequenos e as súas respostas as nosas intervencións como pais, nais ou avós.

11

Público asistente a charla

Tamén foi debullando polo miúdo todos aqueles bulos ou convencementos que todos temos de como debemos actuar ou non no descorrer da vida dos nosos fillos ou netos, segundo a súa idade.

Rematou, como contestación unha pregunta dos asistentes, que a figura do pai (segunda no escalafón para os fillos, despois da da nai), que hoxe corre perigo ese posto pola chegada das avoas, e ultimamente dos avós.

15

13

12