Satisfacción polas explicacións e expectación ante as solucións
Reunión dos veciños e propietarios de barrio de Abaixo co concello
Hoxe era o día escollido polo concello para manter unha reunión cos veciños e propietarios de vivendas do barrio de Abaixo de Xinzo cos representantes do concello, despois dos acontecementos graves xa denunciados polos veciños.
LIMPEZA, RUÍDO NOCTURNO E SEGURIDADE
Os prantexamentos dos veciños practicamente se resumen nestes tres apartados. Ruídos, sobre todos os fins de semana, posto que segundo eles non poden descansar, aínda que haxa veciños que teñan que levantarse ao día seguinte para ir a traballar. Para subsanar este tema os veciños solicitan un maior control do ocio nocturno e dos ruídos con multas aos establecementos.
Isto leva consigo outro dos problemas como é o da limpeza. Solicitan do concello un lavado das rúas e limpeza especial o domingo pola mañá. En canto a seguridade, tema que está a acontecer ultimamente, estes denuncian que teñen medo a saír a rúa polas noites por culpa dun veciño “okupa” que cada día entra a roubar a unha vivenda diferente e con ocupación de vivendas e con desaloxos, de momento conseguidos ao día seguinte.
“Vamos ter que facer patrullas os veciños” manifestaban os veciños ante a resposta de que neste caso o concello non ten competencias, porque son da Garda Civil e xudicial.
SATISFACCIÓN E EXPECTACIÓN
A opinión maioritaria dos moitos veciños e propietarios que acudiron a reunión, foi de satisfacción polas explicacións e expectación ante as propostas feitas polos responsables políticos e os membros da Policía Local que asistiron a mesma.
Unha vez rematada a reunión unha representante dos veciños fixo entrega no rexistro dun "dosier" con fotos sobre a situación para que quede constancia oficial. O concelleiro responsable, aos poucos minutos, comunicou a recepción do escrito.