Cristina Campero, nega taxantemente as acusacións de Elvira Lama
O único que fixo esta concelleira foi contribuir a axilizar a execución dunha obra urxente e moi necesaria.
Aos poucos minutos da aparición da NOTA DE PRENSA enviada, supoñemos que a todos os medios, feita polo departamento de prensa do PSdG-PSOE referente a unha obra en Xinzo, Cristina Campero concelleira de deportes do concello de Xinzo, a persoa a quen acusa a representante do PSOE, envía un comunicado aclarando o acontecido.
En primero lugar non foi ningún tipo de prevaricación dado que foi unha pequena actuación e urxente e que foi pactada nunha reunión de grupo de goberno co cal o concelleiro responsable da área tiña coñecemento e segundo asegura o propio empresario foi unha actuación que xa lle pedira a dito concelleiro de obras e ao propio alcalde, incluso ao anterior grupo de goberno sendo a alcaldesa Elvira Lama. O único que fixo esta concelleira foi contribuír a axilizar a execución dunha obra urxente e moi necesaria.