Xinzo xa ten a súa postal do Nadal 2024
Tamén o sitio ideal para as fotos e selfis
No día de hoxe, dende primeiras horas da mañá todo eran presas no persoal do concello e empresa de iluminación así como moitos nervios do concelleiro responsable Ricardo Sieiro. E non era para menos posto que en canto chegou a noite e se iluminou a praza a cara do concelleiro e a de todos os limiaos que pasaron pola praza xa era outra.
Poboado rematado da praza Carlos Casares
A semana pasada o impacto estivo na fonte da praza e hoxe que remataron a instalación de todas as luces de Xinzo e nos pobos, así como o poboado que se instalou na praza Carlos Casares.
Pois tampouco lle falta moito para ser como Ribadavia
O público aplaudiu o letreiro XINZO, totalmente iluminado e preparado como un recanto onde facer fotos, como así aconteceu durante toda a tarde de todos aqueles que se achegaban ata Xinzo. Algún foi capaz de comentar que tampouco lle falta moito para ser como Ribadavia. Teremos que ir a Ribadavia para comprobalo.
Aínda así o concelleiro manifestou que aínda faltan algúns detalles que se porán ao longo de mañá na mesma praza.