Quedan 2 prazas dispoñibles para o curso Actividades Auxiliares de Agricultura
Si estandes interesados podendes anotarvos podendes chamar ao número de teléfono: 693 913 294 , ou preguntar nas oficinas do centro.
O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo comezou a formación de Actividades Auxiliares de Agricultura, aínda quedan 2 prazas dispoñibles.
Con este curso poderás conseguir un certificado de profesionalidade de Nivel 1 e mellorar as túas opcións no mercado laboral.O obxectivo é que aprendas a executar operacións auxiliares en cultivos agrícolas, cumprindo as medidas de prevención, calidade e protección ambiental
O curso é prioritario para persoas desempregadas, reservando como máximo 5 prazas para traballadores/as. Non se require titulación de acceso.



Cales son as profesións as que te habilita o curso? Peón agrícola, peón agropecuario, peón en horticultura, fruticultura, cultivos herbáceos, e xardinería, entre outras profesións.
O temario inclúe módulos de preparación do terreo, rego, abonado, recolección e mantemento de instalacións, etc.
Está acción está financiada pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Formación Profesional.