INORDE

A Ourense Strade Termal homenaxea a un ciclista que faleceu na explosión dunha mina en Asturias o pasado 31 de marzo

Os asistentes gardaron un minuto de silencio por Rubén José Souto, inscrito á proba, e os compañeiros do homenaxeado recibiron o dorsal e un maillot

Aberto o prazo para solicitar as axudas a asociacións de comerciantes da provincia

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, destinará nesta convocatoria un orzamento máximo de 42.000 euros.

Degustación de "porco celta" en Xinzo o 28 na praza de abastos


A Deputación fomenta “Mercado en rural con porco celta” para incentivar o consumo desta raza autóctona nas prazas de abastos de Ourense, Ribadavia, O Barco e Xinzo

A Pantalla exhíbese na Casa de Galicia en Madrid

A Deputación, a través do Inorde, pon en valor o Entroido da provincia nunha exposición na Casa de Galicia en Madrid

Quedan 2 prazas dispoñibles para o curso Actividades Auxiliares de Agricultura

Si estandes interesados podendes anotarvos podendes chamar ao número de teléfono: 693 913 294 , ou preguntar nas oficinas do centro.

10.000 Kg de patacas para o Banco de Alimentos de Ourense

A través do Inorde, a institución provincial coordina a entrega de produtos cultivados nos campos experimentais de A Limia

​A Deputación facilita a promoción conxunta e pioneira de 18 empresas turísticas da provincia nunha das feiras máis destacadas do turismo de interior

A institución provincial, a través do Inorde, facilitou nas xornadas que se celebran en Valladolid ata 150 citas de negocios dos emprendedores da provincia con comercializadores de nove países.


O expositor do goberno provincial presenta ante operadores e visitantes as potencialidades de recursos concretos como a Vía da Plata, os ecobarcos ou os pobos con encanto da provincia

As enfermidades das patacas a estudo


A Deputación colaborou coa xornada de identificación de pragas e enfermidades da pataca que reuniu a máis de 70 agricultores

Xornadas sobre identificación de pragas nas patacas

Esta iniciativa, que terá lugar o 7 de agosto, trata de dar resposta ás demandas dos agricultores e almacenistas da Limia que mostraron a súa inquietude por recibir información sobre como identificar, prever e controlar a aparición de enfermidades de pragas nos campos da Limia derivadas das abundantes choivas esta primavera.

A Deputación impulsa o ciclismo de montaña coa IV “Xurés Bike Tour” que levará aos participantes polos municipios de Muíños, Entrimo e Lobios

A proba, que reunirá a máis de 150 deportistas, celebrarase os días 15 e 16 de xuño en formato volta de dous días e dividida en tres etapas (dúas tipo maratón e unha contrareloxo)

O evento, impulsado desde o Inorde co apoio de Turismo de Galicia, “permítenos potenciar os recursos naturais e patrimoniais do territorio e, ademais, ao tratarse dunha proba que dura dous días, atraemos a visitantes que terán que pernoctar na nosa provincia”, explicou Rosendo Fernández 

35 toneladas de patacas da Limia para o Banco de Alimentos de Ourense no último ano

O presidente provincial, Luis Menor fixoonte  entrega dos últimos 10.000 quilos e aproveitou para agradecer o “gran labor” que realiza o Banco de Alimentos de Ourense “a prol das persoas que máis o precisan”