A V Xurés Bike Tour volverá a situar á Baixa Limia como capital do deporte da bicicleta de montaña de Galicia e o Norte de Portugal

A V Xurés Bike Tour volverá a situar á Baixa Limia como capital do deporte da bicicleta de montaña de Galicia e o Norte de Portugal

O evento, que se disputará esta fin de semana, contará con 150 deportistas de toda España e Portugal

A Deputación, a través do Inorde, co apoio de Turismo da Xunta, impulsa a 5ª edición da Xurés Bike Tour, unha proba ciclista en bicicleta de montaña tipo challenge, que consta de 2 probas circulares con clasificación final nos concellos de Bande e Muiños, aínda que tamén discorre polo concello de Lobios que reúne a deportistas do MTB de toda Galicia e Norte de Portugal.

Na presentación da proba participaron o presidente e a xerente do Inorde, Rosendo Fernández e Emma González; os alcaldes de Bande, Muíños e Lobios, Sandra Quintas, Plácido Álvarez e María del Carmen Yáñez, respectivamente, que agradeceron a cooperación entre a Deputación e a Xunta para a posta en marcha e consolidación desta proba; os directores territoriais de Deportes e Turismo da Xunta en Ourense, Manuel Pérez e Cecilio Santalices; e o director técnico da proba, Serafín Martínez.

250503 XuresBikeTour 2

Tal e como puxo de manifesto o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, este tipo de probas permiten potenciar os recursos naturais e patrimoniais da provincia, a través do turismo deportivo, e , neste caso, ao tratarse dunha proba de dous días, cáptanse visitantes que deixarán un importante impacto económico no territorio.

O evento contará con aproximadamente 150 deportistas de diversas provincias españolas e portuguesas e os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos. Disputarase durante os días 7 e 8 de xuño de 2025, Trátase dunha proba competitiva en bicicleta de montaña en formato chalenge de 2 días, dividida en 2 etapas para as diferentes modalidades e categorías de acordo coa definición de cada unha delas segundo a normativa descrita neste regulamento.

As etapas

O sábado 7 de xuño será o comezo da proba no concello de Bande, de 45km e un desnivel de aproximadamente 1.300 metros, denominada Bande Bike Marathon que ten o seu inicio na contorna da Casa do Concello de Bande.

O domingo 8 de xuño, Muíños, de 60km e un desnivel aproximado de 1.600 metros, denominada Muíños Bike Marathon - Copa Galega de BTT, con inicio no Complexo Turístico-Deportivo do Corgo en Muíños.

Percorre o Parque Nacional do Xurés e pasa por zonas espectaculares como Maus de Salas, igrexa dá Clamadoira, Prado ou a localidade de Cela, en Lobios.

A competición será de forma individual ou por parellas. A inscrición en etapas soltas só será posible de forma individual, mentres que para a inscrición de parellas será necesario realizar as dúas probas.