A Vía da Prata por etapas poderá iniciarse dende A Canda a partir do 25 de maio.
A Deputación, a través do Inorde, pon en valor a oportunidade de dar a coñecer paisaxes de montaña e núcleos de poboación da provincia entre a propia veciñanza
A Deputación de Ourense, a través do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), impulsa o Camiño da Vía da Prata por etapas coa novidade das saídas dende A Canda (A Mezquita). Esta acción, que conta co apoio da Axencia Galega Turismo, pretende impulsar o coñecemento deste itinerario xacobeo entre a poboación local.
A Vía da Prata por etapas, que inclúe guía e autobús (Anpian), permite realizar os diferentes tramos do Camiño Mozárabe durante varias xornadas, podendo optar os usuarios por facer etapas soltas ou inscribirse en tódolos tramos. A iniciativa, posta xa en marcha, resultou un éxito a pasada Semana Santa, con gran demanda de prazas para as etapas ata Santiago.
Con este novo itinerario, que se iniciará os domingos dende o 25 de maio ata o 22 de xuño, os peregrinos percorrerán paisaxes de montaña e núcleos de poboación de gran beleza, que discorren polos municipios de A Mezquita, A Gudiña, Vilariño de Conso, Castrelo de Val, Laza, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Paderne de Allariz, Taboadela e San Cibrao, ata chegar Ourense capital.
Lembrar levar o Pasaporte-Compostela que facilitarase a e irase selando todos os días, ao inicio e fin de cada etapa, para así conseguir a Compostelana.
O peregrinos poderán coñecer parte da etnografía, cultura popular e patrimonio das distintas localidades, a través da interacción con asociacións das diferentes localidades que atravesa o itinerario xacobeo.
As próximas datas
A primeira data co Camiño por etapas A Canda-Ourense será o 25 de maio, con percorrido A Canda- Vilavella – A Gudiña, cun total de 18 quilómetros.
Saída dende Ourense, Parque de San Lázaro as 8:00h con destino a Canda.
A Canda, primeira poboacion galega desta Ruta Xacobea, un pobo de menos de 30 habitantes, cerca dos 3 km atopámonos en Vilavella (onde poderemos ver 2 igrexas de estilo barroco), seguimos camiño e encontrarémonos un Peto das Animas do século XIV, pasaremos por Pereiro, O Cañizo e chegaremos A Gudiña. O autocar de ANPIAN encontrarase na Gudiña.
A seguinte parada, o 1 de xuño, inclúe os tramos A Gudiña/Venta do Bolaño – Campobecerros – Portocamba e Laza (opción de 36 ou 23 quilómetros)
A saída de Ourense, Parque de San Lázaro as 08.00 h. con destino A Gudiña.
Nesta Etapa poderemos elixir facer unha mais corta ou mais larga.
OPCION 1 A GUDIÑA - VENTA DO BOLAÑO – CAMPOBECERROS – LAZA (36 KM)
OPCION 2 VENTA DO BOLAÑO – CAMPOBECERROS – LAZA (23 KM)
O autocar de ANPIAN encontrarase en Laza
O 8 de xuño o percorrido parte de Laza ata Alberguería e Vilar de Barrio, cun percorrido de 20 quilómetros.
Saída de Ourense, Parque de San Lázaro as 08.00 h. con destino a Laza
O autocar de ANPIAN encontrarase en Villar de Barrio
O 15 de xuño será o tramo de Vilar de Barrio – Bobadela – Padroso e Xunqueira de Ambía, con 14 quilómetros.
Saida de Ourense, Parque de San Lázaro as 08.30 h. con destino a Vilar de Barrio
O autocar de ANPIAN encontrarase en Xunqueira
Por último, o 22 de xuño a etapa iniciarase en Xunqueira de Ambía, pasando por A Pousa, Ousende, A Venda do Río, A Castellana, Seixalbo e chegada á Ponte Romana de Ourense. En total, 23 quilómetros desta última etapa.
Saída de Ourense, Parque de San Lázaro as 08.30 h. con destino a Xunqueira.
En setembro, máis saídas a Santiago
Ademais do Camiño Mozárabe pola provincia de Ourense, nos domingos de setembro e outubro tamén se retomará a Vía da Prata por etapas dende Ourense a Compostela.
Para quen realice as cinco etapas, entregaráselle un documento acreditativo dos 100 quilómetros no itinerario mozárabe na provincia de Ourense.
As inscricións
As inscricións e todos os detalles da iniciativa do Camiño por etapas están dispoñibles na web www.conocegalicia.es e tamén se pode obter máis información a través do teléfono 988 25 33 59.
A inscrición completa en tódalas etapas de maio e xuño é de 49 euros, mentres que por etapas soltas o prezo é de 15 euros. Ambas opcións inclúen a guía oficial e o autobús.
Ademais, o autobús con saída de Ourense terá paradas en Xinzo e Verín para facilitar que se inscriban residentes en distintos puntos do territorio, xa que esta iniciativa fai especial fincapé en dar a coñecer a Vía da Prata entre os propios ourensás, ofrecéndolle as facilidades de realizar o Camiño, especialmente, durante as fines de semana.
As inscricións e todos os detalles da iniciativa están dispoñibles na web www.conocegalicia.es e tamén se pode obter máis información a través do teléfono 988 25 33 59.
Condicións xerais dos viaxeiros
- Estar na parada 10 minutos antes da hora de saída da excursión.
- Levar impresa a reserva e acreditar mediante DNI.
- As persoas deben estar en perfecto estado de saude e ser capaces de camiñar aproximadamente 25 km en cada etapa.
- O retorno de cada etapa será con hora máxima as 17.00 h ou en canto esté todo o grupo si sucede antes das 17.00 h.