A Deputación, a través do Inorde, pon en marcha unha nova liña de axudas destinada á creación de experiencias turísticas ligadas ao agroturismo en explotacións agrarias

A Deputación, a través do Inorde, pon en marcha unha nova liña de axudas destinada á creación de experiencias turísticas ligadas ao agroturismo en explotacións agrarias

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, una vez sexan publicadas as bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, pon en marcha unha nova convocatoria pública, a través do procedemento de concorrencia competitiva, de subvencións para a financiación de explotacións agrícolas profesionais, explotacións gandeiras profesionais e microempresas agroalimentarias para a realización de investimentos en infraestruturas, instalacións e equipamentos destinados á posta en marcha de experiencias turísticas, ligadas ao agroturismo, nas súas instalacións e explotacións, durante o ano 2025.

As bases desta nova liña de axudas foron aprobadas onte por parte da Comisión Executiva do Inorde, e serán publicadas nos vindeiros días, xunto coa convocatoria, no Boletín Oficial da Provincia. Unha vez se produza esa publicación no BOP, haberá un prazo dun mes para solicitar estas axudas, que contarán cunha dotación orzamentaria de 50.000 euros. A contía das subvencións consistirá nunha porcentaxe do orzamento dos proxectos seleccionados, podendo acadar, como máximo, o 80% do custe total do proxecto (que terá que ser de 3.000 euros como mínimo), que en ningún caso poderá superar os 5.000 euros.

Esta liña de achegas, destinadas a instalacións gandeiras profesionais e microempresas agroalimentarias, terán por obxecto a adecuacións das instalacións á recepción de visitantes e á mellora para a realización de experiencias agroturísticas, tales como a dotación de vestiarios para colocarse vestimentas ou traxes necesarios para as visitas; a dotación de aseos; a sinalización; a mellora ou creación de accesos; a incorporación de medidas de accesibilidade para persoas con mobilidade reducida ou calquera tipo de discapacidade; a dotación de áreas de recepción de visitantes ou de presentación de mostras; así como a adquisición de mobiliario e equipamentos necesarios para dotar eses espazos.

No que atinxe aos criterios para a concesión de subvencións, a comisión de valoración terá en conta factores como o orzamento da actuación; que a explotación ou microempresa esté situada nun concello con unha poboación inferior a 2.000 habitantes; e que a explotación ou microempresa dispoña dun certificado de calidade turística ou esté distinguida no Sicted.

250611 Comision Executiva Inorde 2