Prisión provisional sen fianza e comunicados para os 5 detidos
A xuiz de Bande mandou aos 5 detidos, tres veciños de Xinzo a prisión provisional
Rematou a primeira parte do que se espera que sexa o "culebrón delictivo" mais grande nos últimos anos na Limia e que ten como epicentros Vilameá en Lobios e a capitalidade da Limia-Xinzo.
Os feitos agora "presuntamente exclarecidos " a falta de xuizo refírense ao 19 de decembro en Lobios, no que tres dos encausados, segundo declaracións da propia xuiza participaron activamente no roubo ademais de agredir ao empresario para apropiarse de xoias e unha carteira con cartos. Ainda que fala de banda organizada, solo se lle imputa por roubo violento en Lobios.
A xuíz de Bande que leva o caso sostén que “la minuciosa y detallada investigación realizada por los agentes de la Guardia Civil” permite concluir que “nos encontramos con un presunto grupo criminal integrado al menos cinco personas que de modo coordinado llevan a cabo robos en viviendas con una clara distribución de roles entre los mismos”.
A garda civil a partir de agora investigará todo o material recollido nos rexistros, material, teléfonos e demais documentación para seguir esclarecendo este e outros roubos posibles que aconteceron no rural para saber si participaron tamén este grupo.
A Petrica, Alvaro e Ion Daniel, sitúaos a Garda Civil en Vilameá esa noite.
Segundo La Región o posicionamento dos teléfonos dos dous primeiros, sitúanos no lugar dos feitos así como o coche utilizado propiedade do terceiro. Tamén os intentos de sacar cartos coas tarxetas roubadas implican aos tres nesta operación que conta cun expediente, ata este momento de 600 folios que levou ao o rexistro dos 9 lugares entre Ourense e Xinzo concluindo coa detención de catro no primeiro día e un máis, Jorge Luis traballador do concello de Xinzo ao día seguinte, que non participou no roubo, pero que segundo se desprende do auto e segundo afirma La Región dice que este les pudo dar indicaciones de cómo llegar al pueblo sin dejar rastro, pero no tomó parte activa en el robo violento, aunque dio instrucciones telefónicas precisas del tipo: “Apretad al viejo, dile que le hacéis daño a la señora, porque tiene que tener pasta”.