Aldea do Muiño segue sin auga dende fai mes e medio

Aldea do Muiño segue sin auga dende fai mes e medio

O concello de Rairiz non lle da resposta nin solucións, a situación priva aos veciños dun dereito humano fundamental. 

Os veciños e veciñas de Aldea do Muiño (concello de Rairiz de Veiga) xa non poden mais. 

Este xornal xa se fixo eco da denuncia o día 6 de febreiro, daquelas xa levaban 10 días sen auga da traída, hoxe a día 7 de marzo, un mes despois a situación segue igual.

Dende o pobo fannos saber, "Xa pasou mais de UN MES en que varios veciños do pobo puxeran en coñecemento da Sra. Alcaldesa Doña. Josefa Asunción Morgade Rúa que debido as novas obras que se estaban a executar polo Concello no pobo, romperan as tuberías da auga da traída e como consecuencia os veciños non tiñan auga nos seus fogares.

IMG 20250306 WA0034

A reposta da Sra.Alcaldesa Doña. Josefa Asunción Morgade Rúa foron berros, e que este pobo so facía pedir. O caso e que a día de hoxe todo segue igual e sen visos de se solucionar."

A falta de respostas e solucións por parte do Concello priva aos veciños e veciñas dun dereito humano fundamental, o acceso, disposición e saneamento da auga para o consumo persoal e domestico.

Quéixanse de que non hai auga para lavar os pratos nin para os animais.

Como podemos ver nas imaxes, as obras seguen sen avanzar dende a primeira vez que Dendealimia se fixo eco da situación.

IMG 20250306 WA0033