Unha vez máis, a "testiculina" parece ser o problema, para non resolver o problema

“O Pobo é quen mais ordena...”Zeca Alfonso

Parece que ningún destes todos quere saber nada do asunto
“O Pobo é quen mais ordena...”Zeca Alfonso

Pois éte aquí, que segundo os portavoces dos veciños, ninguén dos responsábeis volveu a poñerse en contacto con eles, pero si , segundo os propios portavoces parece que a cuestión de non cambiar de ubicación a balsa, non é cuestión de sitios e custes se non que é cuestión de “testiculitis”, e claro, chegados a este punto parece que outra vez haberá que facer outra “revolución”, pero en vez de caraveis haberá que utilizar a flor da colza, que neste momento está en pleno resplandor na Limia, posto que segundo din os afectados a “criatura” ten moitos pais, pero a hora da verdade ninguén asume a paternidade.(Políticos)........

Case todos temos coñecemento da revolución dos claveis de Portugal do 25 de abril do 74, pero poucos coñecían ata onte, que casualidade preto do 25 de abril tamén, aínda que 51 anos despois un pobo da Limia tamén se quere aferrar  ao mesmo título da canción e queren que se respecte a súa vontade, non por capricho, se non por coherencia.

Os veciños de S. Pedro de Laroá, ao igual que os das Conchas, queren que se fagan as cousas ben. Non están en contra de ninguén, nin do regadío os primeiros, nin das granxas os segundos. Simplemente piden que si se poden facer as cousas doutra maneira se fagan.

En S. Pedro o problema que teñen é cunha balsa de auga que é necesaria para o tan cacarexado Regadío, pero que segundo indica o propio proxecto, ten riscos para o pobo no caso de rotura da balsa, cousa que despois dos acontecementos en Valencia e algún que outro caso similar en Galicia e en España, ninguén pode asegurar que non vai ocorrer algún día. Pero aínda así os veciños non se opoñen, e despois de solicitar reunións coas autoridades locais, estas asegúranlle que as súas peticións serán atendidas (“O Pobo e quen mais ordena..”), e acto seguido, segundo os veciños sen atender as promesas  do alcalde preséntase a Garda Civil  custodiando a empresa das catas. Supoñemos que non falaron antes co alcalde e o fixeron sen o seu coñecemento.

Segundo os veciños, os responsábeis do proxecto lles dixeron que si encontraban outro sitio para localización  da balsa, que cumprise coas esixencias do proxecto e que non tivera “contraindicacións”, que para eles valería. Pois éte aquí, que segundo os portavoces dos veciños, ninguén dos responsábeis volveu a poñerse en contacto con eles, pero si , segundo os propios portavoces parece que a cuestión de non cambiar de ubicación a balsa, non é cuestión de sitios e custes se non que é cuestión de “testiculitis”, e claro, chegados a este punto parece que outra vez haberá que facer outra “revolución”, pero en vez de caraveis haberá que utilizar a flor da colza, que neste momento está en pleno resplandor na Limia, posto que segundo din os afectados a “criatura” ten moitos pais, pero a hora da verdade ninguén asume a paternidade.(Políticos)........