Ourense clave para a Lonxevidade
Os expertos probaron que o autoconsumo, a través dos produtos da horta, era un factor común na maioría dos entrevistados.
A Deputación de Ourense baixo o título: "Ourense clave para a lonxevidade. O fenómeno dos centenarios" presentou o hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel, un estudo científico pioneiro realizado pola Asociación Ourensividade e financiado pola institución provincial.
O estudo é pioneiro sobre as claves da lonxevidade na provincia, partindo dun análise cualitativo e cuantitativo a partir das extensas entrevistas a centenarios realizadas por un equipo de expertos multidisciplinares para avaliar as situacións, non dos actualmente, senón como foron as súas vidas, a fin de determinar patróns sobre moitos aspectos das súas traxectorias vitais.
Pablo García Vivanco, presidente de Ourensividade comenzou o acto conversando con dúas das centenarias que participaron no estudo científico, elas declararon: “Hay que seguir teniendo inquietudes, cultivándose tanto física como intelectualmente, esa es la forma de adaptarse a la vida actual”, dixo Elisa Soria durante o acto. Pola súa parte, Laura Fernández atribuiu a “familia y amigos” os secretos da felicidade.
A continuación, Roberto Fernández, investigador principal do estudo científico, citou algunhas conclusións clave. Tras analizar 126 variables nunha mostra de centenarios da provincia, os expertos chegaron á conclusión de que o 41% dos entrevistados carecía de deterioro cognitivo ou o tiña nun estado moi leve. Ademais, so un 12% dos centenarios tiña sobrepeso. En canto a alimentación, os expertos probaron que o autoconsumo, a través dos produtos da horta, era un factor común na maioría dos entrevistados.
Outro dos resultados relevantes para os investigadores foi a gran laboriosidade, concluíndo que para o 70% das persoas era importante este aspecto, xirando a súa vida en torno ao traballo. Por último, tamén puxeron en valor a resiliencia dos maiores, no sentido de adaptarse aos cambios e reporse de situacións adversas, como factor coincidente entre os lonxevos.
O estudio científico, levado a cabo por profesionais de diferentes ámbitos como a medicina, a enfermería ou a farmacia foi aprobado polo Comité de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense.
Como conclusión, a intervención de Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense, que manifestou a alegría do financiamento pola Deputación da proposta pola asociación Ourensividade desta investigación “pionera y científica”, que servirá como “hoja de ruta” para deseñar programas de atención a cidadanía, felicitando aos responsables da investigación e como non, aos protagonistas do estudio, os centenarios da provincia de Ourense.