CARTA A UNHA DESCOÑECIDA

Imaxen creada por IA
CARTA A UNHA DESCOÑECIDA

Moi señora miña: O motivo da presente misiva é para manifestarlle o meu fondo desprezo, sendo moi moderado na expresión, aínda que non nos coñezamos en persoa; é máis non sei quen é vostede, só posúo uns datos moi febles, sei que é vostede muller, idade en facerse pasar por estudante universitaria, estatura normal, pelo normal, vestimenta normal, e nada máis, pouco teño é verdade.         Fai ano e pico estiven ingresado na Residencia sanitaria de Ourense, durante un mes, por mor dunha operación; a miña nai aínda podía saír algo á rúa, hoxe imposible, e ía polo pan enfronte á súa casa; cando volvía vostede tivo a amabilidade de abrirlle o portal, xa tiña vostede unha pata dentro, díxolle que acababa de alugar un piso no edificio, e preguntarlle se quería que a axudara a subir os cinco chanzos que levan do portal ao ascensor, e collerlle a bolsa do pan; a miña proxenitora díxolle que podía ela, pero vostede, insistiu pasándolle a man polo lombo e colléndoa pola súa, deixouna ao pe do ascensor, marchando lixeira e dicíndolle que xa se volverían ver, ían ser veciñas.

Moi señora miña: O motivo da presente misiva é para manifestarlle o meu fondo desprezo, sendo moi moderado na expresión, aínda que non nos coñezamos en persoa; é máis non sei quen é vostede, só posúo uns datos moi febles, sei que é vostede muller, idade en facerse pasar por estudante universitaria, estatura normal, pelo normal, vestimenta normal, e nada máis, pouco teño é verdade.       

102

  Fai ano e pico estiven ingresado na Residencia sanitaria de Ourense, durante un mes, por mor dunha operación; a miña nai aínda podía saír algo á rúa, hoxe imposible, e ía polo pan enfronte á súa casa; cando volvía vostede tivo a amabilidade de abrirlle o portal, xa tiña vostede unha pata dentro, díxolle que acababa de alugar un piso no edificio, e preguntarlle se quería que a axudara a subir os cinco chanzos que levan do portal ao ascensor, e collerlle a bolsa do pan; a miña proxenitora díxolle que podía ela, pero vostede, insistiu pasándolle a man polo lombo e colléndoa pola súa, deixouna ao pe do ascensor, marchando lixeira e dicíndolle que xa se volverían ver, ían ser veciñas.

            A miña nai daquela tiña noventa e dous anos, e cando premeu no botón para subir ao seu piso, xa se decatou que lle afanara a alianza, e así mesmo, posto que andara por atrás tamén, comprobou como lle guindara de paso unha cadea de ouro cun crucifixo. Noraboa pola profesionalidade, polo menos non lle ceibou unha navallada a unha vella.

            Ao estar ingresado, e cunha infección bastante considerable, a miña proxenitora nada me dixo, nin aos seus netos, nin á súa nora, xa sabe vostede, vellos tontos de antes que non queren preocupar aos demais. Foi  tempo despois, que estando eu na súa casa, xa non pode saír como lle comentei, fixeime que non tiña alianza polo que lle preguntei se lle inchaban os dedos, dados os múltiples tratamentos médicos que toma, así que, aínda afectada, xa ve vostede que paifoca, confesoume o que lle pasara.

            A alianza, con independencia de que leva casada os anos que leva, ten para nós, por esa banda familiar, mire que ridículos somos, un compoñente especial; é tradición na nosa familia, que as alianzas non poden ser novas, é dicir mercadas, teñen que ser realizadas con ouro vello do que haxa na casa; chegan, chegamos, incluso á paletada de mercar algunha cadea cando nace un rapaz, para que cando case, levar a fundila e que así os aneis de compromiso procedan de ouro vello; debemos pensar que é un tótem de boa sorte, para que o matrimonio sexa bo e estable, en fin paifocadas.

            A cadea e o crucifixo, non lle vou dicir que fosen dos que logran dobrar pescozos ou lombos, pero tampouco precisabas de lupa para velos; era un regalo dunha amiga, desas que teñen os vellos, “badocadas” sentimentais; xuntas dende cativas, carreira xuntas, e logo a outra casou cun americano e alá foi a Estados Unidos, a última vez que a veu, porque xa faleceu, fíxolle o regalo para que sempre se lembrara de ela, e do que pasaran xuntas naqueles internados onde rexía o frío e a fame, e onde coincidiron por primeira vez con doce anos, en resumo “cursiladas”.

            Ata aquí a metade da historia; a outra metade é que escribín un artigo desexándolle, en fin, o que lle desexaba, e o sábado coincidín co amigo Veloso en Xinzo, o cal comentoume que co artigo en cuestión iamos vernos cunha querela criminal por incitación ao odio; cando unha persoa ten razón,  ten razón; pero iso fixo que meditara noutro tema. Asasinato, violación e roubar a maiores medio tolleitos son crimes cun grao máis cos outros, é certo, pero as vítimas ou familiares das vítimas temos que respectar os seus dereitos, no meu caso aínda sen coñecela, na intimidade poderei pensar o que me pete, pero fóra de aí os seus dereitos son fundamentais, sagrados, e hai que pasar por aí.

            Comenteino no Centro Social de A Filgueira; cousas como a presente fan ás veces de sementeira para que partidos de ideoloxía de ultra dereita teñan o celeiro dos seus votos, a cousa é preocupante; pero si, o amigo Veloso tiña toda a razón do Mundo, e eu esquecín o que nos meteron na Facultade de Dereito profesores de moi diversa ideoloxía, que a Democracia, así con maiúscula, pasa polo respecto absoluto dos dereitos de todos, e que en tal cuestión as formas salvagardan o fondo; así que señora ladroa o meu desprezo por roubar a unha persoa maior, que aínda por riba é a miña nai, pero non tendo probas para poder interpoñer unha denuncia contra vostede; así que salvagardando totalmente os seus dereitos, sen realizar incitación ao odio algún, desexar que cando o volva a facer, desta volta polo menos a collan. E grazas Veloso, por facerme reflexionar.