O Concello de Xinzo facilitará transporte para a manifestación na Gudiña do 2 de agosto, en defensa do tren público

O Concello de Xinzo facilitará transporte para a manifestación na Gudiña do 2 de agosto, en defensa do tren público

O autobús será de balde, previa inscripción 

O Concello de Xinzo de Limia anuncia que habilitará un autobús gratuíto para facilitar a participación da cidadanía na manifestación convocada pola Plataforma Dereito ao Tren este sábado 2 de agosto, co obxectivo de reclamar a recuperación de horarios útiles na estación da Gudiña - Porta de Galicia, suprimidos por RENFE o pasado 9 de xuño.

A manifestación comezará ás 18:30 h, cun percorrido desde a antiga estación da Gudiña ata a nova estación de Porta de Galicia, por estradas N-525 e OU-533, que estarán cortadas ao tráfico durante o acto.

O autobús municipal sairá ás 16:30 h da estación de autobuses de Xinzo e será necesario inscribirse previamente, ben nas oficinas municipais ou chamando ao número 988 550 111.

Con esta iniciativa, o Concello de Xinzo reafirma o seu compromiso co mantemento e mellora dos servizos ferroviarios na provincia, un dereito esencial para a mobilidade e o desenvolvemento da comarca