Plataforma Dereito o Tren

​O manifesto da plataforma ‘Dereito ao Tren’ lido diante de máis de 7.000 persoas convértese en declaración institucional

Este manifesto institucional recoñece o impacto dos recortes ferroviarios nas comarcas afectadas e comprométese a mobilizar activamente á poboación para restituír un servizo de tren útil, xusto e adaptado ás necesidades do rural.

​NON QUEREMOS QUEDAR, UNHA VEZ MÁIS, TIRAD@S NA ESTACIÓN!

Cada dereito perdido é unha fenda máis na estrutura dos servizos públicos: hoxe é o tren, mañá a sanidade, a educación ou a xustiza.