O manifesto da plataforma ‘Dereito ao Tren’ lido diante de máis de 7.000 persoas convértese en declaración institucional
Este manifesto institucional recoñece o impacto dos recortes ferroviarios nas comarcas afectadas e comprométese a mobilizar activamente á poboación para restituír un servizo de tren útil, xusto e adaptado ás necesidades do rural.
A plataforma cidadá Dereito ao Tren celebra hoxe un feito histórico na súa loita pola conectividade do Oriente ourensán: o Parlamento de Galicia vén de aprobar por unanimidade un manifesto institucional que asume como propio o texto presentado pola plataforma na multitudinaria manifestación do pasado 2 de agosto en A Gudiña.
O que comezou como un clamor veciñal feito palabra —e leido hai apenas dous días polo presidente da plataforma, Rubén Riós, diante de máis de 7.000 persoas— chega agora á sede da soberanía galega transformado en compromiso político, recollendo as demandas urxentes do rural galego en materia de mobilidade, saúde, desenvolvemento social e económico, dereitos e futuro.
“Non é aínda a restitución das paradas que Renfe nos recortou, pero é un paso institucional xigante. Un primeiro vagón cargado de dignidade, que nos impulsa a seguir camiñando con máis forza ca nunca”, declarou Riós, visiblemente emocionado tras a sinatura do acordo.
Este manifesto institucional recoñece o impacto dos recortes ferroviarios nas comarcas afectadas e comprométese a mobilizar activamente á poboación para restituír un servizo de tren útil, xusto e adaptado ás necesidades do rural. O documento poderá consultarse nas vindeiras horas a través das redes sociais da plataforma e na paxína WEB do parlamento.
Máis de 7.000 persoas procedentes de distintos puntos de Galicia e de comunidades autónomas veciñas deronse cita o domingo na estación de A Gudiña convocadas pola Plataforma “Dereito ao Tren”, nunha mobilización masiva que reclamou con contundencia a devolución dos servizos ferroviarios de alta velocidade.
Con pancartas e mensaxes reivindicativos, os asistentes denunciaron a actual situación de aislamento ferroviario que sofren numerosos territorios, con horarios ineficaces e de escasa cobertura.
A protesta visibilizou unha demanda amplamente compartida: a necesidade de recuperar un tren que sirva realmente a poboación, con frecuencias adecuadas, horarios coordinados e conexions eficaces con outros medios de transporte.
Durante o acto, representantes da Plataforma agradeceron o respaldo da cidadanía e de múltiples colectivos sociais e incluso institucionais de todolos símbolos políticos e do ámbito municipal, provincial, autonómico e nacional que sumaronse a causa.
Un dos momentos máis emotivos foi a lectura dun manifesto cargado de sentimento e compromiso co medio rural. No que se puideron escoitar frases como:
«Esta es la primera de muchas hasta que no se devuelva lo que nos quitaron.»
O presidente da Plataforma, Rubén Riós, declarou con contundencia:
«A manifestación de hoxe debe ser vista como unha manifestación histórica polo número de persoas, pola presencia de todolos grupos políticos... pero baixo ningún concepto debemos celebrar este éxito. O éxito será cando nos devolvan as frecuencias que nos quitaron, e que sexan de alta velocidade.»
Ademáis, Rubén Riós pediu públicamente ao presidente de Renfe, Álvaro Fernández Heredia, que se desculpe por chamar “perdedores” aos veciños e veciñas desta zona.
O vivido o domingo na Gudiña non foi solo unha protesta, senon un grito colectivo de dignidade e xusticia territorial. Unha advertencia clara: aquí ninguen se resigna ni se conforma. Se non chegan respostas inmediatas e compromisos firmes, esta mobilización será solo o inicio dun camiño imparable.