Concellería de Obras e Mobilidade

250.000€ para renovar o firme de 9 rúas no Barrio de Abaixo de Xinzo

A actuación será no Camiño do Regueiro, Serra de San Mamede, Serra de Manzaneda, Pena Trevinca, Serra do Larouco, Serra de Queixa, do Furriolo, do Padrón e Xabier Prado Lameiro.

Xinzo recupera o Día Infantil da Bicicleta cunha xornada escolar polo Día Mundial da Bici

A actividade terá un percorrido ciclista polo centro da vila, no que participarán os escolares de ambos centros-


Haberá cortes de tráfico puntuais polo centro da vila (San Sebastián, Avenida de Madrid, Avenida de Ourense, Curros Enríquez e Marcelo Macías).

​O Concello inviste 205.000€ na rúa Dous de Maio

A actuación no firme e nas beirarrúas supón un investimento por un importe de 205.000€, no tramo comprendido entre a rúa Toural e a avenida do Río Limia.