Pido perdón, olvideime do pobo de Gudín (Empresa subministradora)

Pido perdón, olvideime do pobo de Gudín (Empresa subministradora)


Un pobo enteiro non pode mentir!



Despois dunha chamada de Adelino, primeiro dille que se esquecera, e media hora despois que era mentira que non pasara o camión. Ou minte a sra oficinista ou o repartidor.

Está claro que a empresa encargada da distribución de butano a domicilio na Limia, estáselle quedando grande o cometido.





Segundo declara  Adelino cando chamou o venres pasado para reclamar o subministro, a Sra. Da oficina recoñeceu que se esquecera do pobo de Gudín, pero media hora mais tarde chámao para dicirlle que estaba mentindo.

Adelino ante esa resposta o único que fixo foi colgarlle o telefono a sra. da oficina. Precisamente o mesmo que fixo con nos cando quixemos saber a versión da empresa e cando lle preguntamos polo nome da empresa, despediunos cun “Boas tardes”.

A GASOLINEIRA DE CUALEDRO SI TEN BUTANO

O problema do subministro do butano a domicilio está sendo un problema dende fai moito tempo non solo nos pobos da Limia, se non tamén no casco urbano.

Postos a fala co responsable da gasolineira de Cualedro dinos que el tivo que poñer unha xaula mais porque a afluencia de veciños de toda a contorna, agora aumentou moitísimo, porque recoñece que a empresa está a tardar moito. Segundo el nos comenta, que ten 9 persoas de baixa e non solo de reparto, se non tamén de oficinas.

Manifesta que choferes dos  camións teñen moito traballo, tendo que baleirar a man as bombonas do camión e cambialas, eu axúdolle, cousa que agradece dicindo que son dos poucos que o fai, que que o tempo retrasase. Tamén nos di que segundo lle escoita aos veciños da comarca que veñen a buscar as bombonas alí. Está claro que si tiveran o subministro a domicilio como antigamente , eu non necesitaría reposicións  tan frecuentes.