A xente, non hai como explicarlle as cousas moi claras-(Moncho Gómez)
Como primeira medida o concello investirá nas rúas do casco vello o que faga falla ata 480.000 €, procedentes da liquidación do ano 2022.
Esta mañá o concelleiro de Seguridade Cidadá Moncho Gómez, levou o peso da reunión cos veciños do barrio de Abaixo que lle solicitaran unha reunión para expoñerlle os problemas que están a sufrir no barrio e a situación en que se encontran as rúas tanto principais como as outras.
O concelleiro estivo acompañado polo alcalde Amador Díaz e o xefe e inspector da Policía Local.
Unha vez rematada a reunión, a cal asistiron arredor de medio cento de veciños, o concelleiro analizou a mesma, e como percibiron dende a súa visión as propostas do concello, os propios veciños.
Na primeira das reivindicacións sobre seguridade Moncho explicoulle que esta depende da Garda Civil e as decisións xudiciais. Entende a preocupación e a situación que está a vivir os veciños e pensa que a solución virá a corto prazo coa inversión dunha cantidade moi importante que o concello vai a recibir da liquidación do Estado do ano 2022, na que a Xinzo lle devolven 480.000 €. O concello, como así llo presentou xa aos veciños, encargou a unha enxeñaría, o proxecto para arranxar todas as rúas “serra de” na parte vella de Xinzo. Este será o primeiro paso a corto prazo. O que leve facer o proxecto e sacalo a concurso público. Os cartos xa están reservados para o custe total.
PLAN HURBE E GRABACIÓN CON CÁMARAS
O segundo gran paso será o inicio do plan HURBE, co que toda a fisionomía do barrio cambiará por completo. Ademais do arranxo de toda a zona, este leva consigo a instalación de cámaras de vixilancia para control de todas as rúas, ademais do replantexamente da circulación. Isto levará consigo, manifesta o concelleiro unha revalorización das vivendas e o incremento de veciños e alugueres. O concello ten o compromiso da Xunta para que esas obras comecen despois do Entroido 205. O retraso é debido a uns cambios que hai que facer no proxecto, como son o soterramento de todo o cableado. Coas gravacións será como ter uns axentes as 24 horas.
Sobre as peticións da limpeza, o concello comprométese para un lavado das rúas o domingo pola mañá. Sobre o control dos ruídos de fin de semana o concelleiro manifestou que xa se está facendo, aínda que nin os axentes poidan dicir nada, pero son moitos os locais que se están sancionando polo ruído e polo horario, e xa son moitos os pais que están tendo que pagar os danos no patrimonio municipal levado a cabo polos seus menores de idade.
Iso non se pode cacarexar, pero si existe.
A xente entrou moi alporizada, pero cando se lle explican as cousas e che miran a cara entenden perfectamente a situación, tendo en conta tamén que este equipo está a traballar solo fai un ano.