Xinzo participará no Gran Desfile dos Entroidos Tradicionais de Galicia en Santiago
18:26 12/08/25
18:26 12/08/25
As inscricións estarán abertas ata o martes 19 de agosto
O Concello de Xinzo de Limia anima á veciñanza a sumarse ao Gran Desfile dos Entroidos Tradicionais de Galicia, que terá lugar o sábado 6 de setembro ás 12:45 horas na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela.
As persoas interesadas poderán participar como Pantalla ou con traxes de entroido tradicional, representando a riqueza cultural do noso Entroido.
As inscricións estarán abertas ata o martes 19 de agosto, podendo formalizarse nas oficinas da Casa da Cultura de Xinzo en horario de 8:00 a 14:00 horas ou chamando ao teléfono 604 016 273, ata completar o grupo.