Xinzo de Limia acolle este domingo unha nova cita das Xornadas de Folclore

Xinzo de Limia acolle este domingo unha nova cita das Xornadas de Folclore

O domingo 17 de agosto ás 20:00 h na praza Carlos Casares

A Praza Carlos Casares de Xinzo de Limia será o escenario, este domingo 17 de agosto ás 20:00 horas, dunha das paradas das Xornadas de Folclore, un evento que reúne agrupacións de danza e música tradicional de distintos países do mundo.

Nesta ocasión, o público poderá gozar das actuacións de formacións procedentes de Arxentina, Chile, Filipinas, Irlanda do Norte, Ucraína e Xeorxia, que ofrecerán un espectáculo cheo de cor, ritmo e diversidade cultural.

As Xornadas de Folclore están organizadas pola Deputación de Ourense, o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e a Xunta de Galicia, e forman parte dunha xira que percorre diferentes concellos da provincia.