Presentámosvos Comunidades Inclusivas

Presentámosvos Comunidades Inclusivas

Un programa estatal para construír pobos acolledores e con coidado mutuo

Comunidades Inclusivas é un programa promovido por COCEDER e desenvolvido conxuntamente por Centros de Desenvolvemento Rural de toda España, entre eles o C.D.R. O Viso, na comarca da Limia.

Este programa nace coa vontade de implicar á propia comunidade na creación de contornas máis inclusivas, solidarias e habitables, onde todas as persoas —e especialmente aquelas en situación de maior vulnerabilidade— poidan vivir con dignidade, formar parte da vida colectiva e sentirse verdadeiramente acollidas.


Dende o C.D.R. O Viso sumámonos a este camiño común para:
• Activar o papel da veciñanza no acompañamento e apoio mutuo.
• Fortalecer os lazos comunitarios e o sentimento de pertenza.
• Crear redes locais de coidado, escoita e axuda compartida.
• Mellorar a calidade de vida de persoas maiores, con discapacidade, migrantes ou en risco de exclusión social.

Trátase de facer pobo xuntas e xuntos. De recoñecer o valor das relacións humanas, da solidariedade entre iguais, e de construír entre todas e todos un rural máis xusto, máis vivo e máis humano.
Porque unha comunidade que coida, tamén se coida a si mesma.

O proxecto de innovación social “Comunidades inclusivas: solucións innovadoras de coidado e apoio no medio rural” é unha operación do Ministerio de Traballo e Economía Social no marco do Programa estatal do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) “Inclusión social, garantía infantil e xuvenil e loita contra a pobreza”, impulsado por COCEDER e cofinanciado pola Unión Europea e pola Fundación “la Caixa”.