Centos de sinaturas contra RENFE
A comarca da Limia, apoia as reivindicacións sobre a rebaixa de paradas do AVE na Gudiña
Esta mañá tocoulle a Xinzo e á Limia apoiar as reivindicacións dos concellos afectados pola redución de frecuencias de trens que paraban e agora non o fan na estación Porta de Galicia de A Gudiña.
Concelleiros de todos os partidos da corporación agás os do BNG atenderon unha mesa de sinaturas na que varios centos de veciños de Xinzo e da comarca da Limia asinaron a súa repulsa, á decisión tomada por RENFE de que varias frecuencias do AVE xa non paren na Gudiña.
As diferentes cores políticas, por esta vez, non se deixaron sentir para protestar por este feito que tamén afecta a nosa comarca a hora de viaxar a Madrid, tendo que facelo dende Ourense, co conseguinte maior gasto no billete, no aparcamento e no tempo de viaxe.